O A1 Galicia Open de Pádel entra nas súas roldas finais e expándese ao Recinto Feiral

Pontevedra
27 de xuño 2024

A emoción vai 'in crescendo' no A1 Galicia Open de Pádel que se celebra esta semana en Pontevedra, arrincando este xoves coas súas roldas decisivas e estreando unha serie de eventos paralelos relacionados co deporte nunha montaxe de grandes dimensións ocupando o Recinto Feiral e o Pavillón Municipal dos Deportes

A1 Galicia Open de Pádel
A1 Galicia Open de Pádel / Mónica Patxot

A emoción vai 'in crescendo' no A1 Galicia Open de Pádel que se celebra esta semana en Pontevedra.

Este xoves non só se disputaban os oitavos de final do torneo profesional na espectacular pista habilitada no Pavillón Municipal dos Deportes, senón que o evento expandíase cara ao Recinto Feiral.

Alí, en dúas pistas de pádel instaladas no interior do pavillón feiral, arrincaba o open amateur pero tamén o resto de actividades parelalelas programadas pola organización.

Unha zona de exposicións, postos de comida e ambientación musical que se manterá aberta ata o vindeiro domingo 30 de xuño.

A inauguración desta 'zona village' contou cunha actuación da compañía local Pablo Méndez Performances.