O segundo proxecto do Marín Futsal na máxima categoría do fútbol sala nacional segue collendo forma.
O club marinense anunciou nas últimas horas a renovación de Inés Mayán, unha xogadora que "ten moita importancia para o club" ao ter a confianza de que sexa "ser un referente do equipo en futuras tempadas", sinala a entidade.
"É unha xogadora nova e talentosa cunha marxe de crecemento enorme, cun futuro moi prometedor e o club sábeo e aposta por ela", explicou o Marín Futsal.
Trátase da sétima xogadora confirmada para a próxima tempada ao unirse a unha lista na que figura a fichada Ale de Paz e as renovadas Silvia Aguete, Café, Adriana García, María León e Pau García.
Doutra banda a entidade da Raña confirmou que Lucía non seguirá no equipo, afirmando que se vai unha futbolista que "será lembrada polo histórico ascenso á máxima categoría nacional".