Imparable continúa o Peixe Galego na Liga EBA de baloncesto, na que camiña con paso firme cara á fase de ascenso.
Despois de 11 xornadas o equipo marinense mantense como único invicto do seu grupo tras superar esta fin de semana o encontro máis complicado que afrontou ata a data, na cancha do Ciudad de Ponferrada (73-76).
Os de Javi Llorente venceron na cancha do que chegaba á cita como segundo clasificado e segue á fronte da táboa con tres vitorias de marxe.
Foi un choque tremendamente igualado no que resultou clave o segundo cuarto, no que o Peixe logrou despegarse (37-47) de man dun gran Darío Suárez (19 puntos e 29 de valoración) secundando por Simmons (20 puntos), facendo esquecer a curta rotación coa que se desprazaron á localidade berciana.
Tras o descanso o duelo mantiña a igualdade no xogo e a pesar de que os locais melloraron no último parcial e ameazaron coa remontada non foron capaces de acabar coa imbatibilidade peixe.
Consulta as estatísticas do Ciudad de Ponferrada-Peixe Galego.