O pavillón marinense da Cañota vestiu de gala durante a noite do sábado para a estrea da Copa Galicia de boxeo olímpico.
Preto dun milleiro de afeccionados gozaron dunha velada na que o triunfo foi para a Selección Galega, ao impoñerse por 4 a 1 á de Cataluña.
A velada foi entretida e dinámica, con 8 combates disputados e cunha sa rivalidade, comezando polo enfrontamento entre o local Sergio Piñeiro e Manuel Casalderrey (Brama Box), que se decantou a favor de deportista do Team Thunder.
Tamén resultou vencedor Martín García (Mat's de Marín), sobre Félix Arbizu (Brama Box), pechando as pelexas previas de 'superfigths' a vitoria do vigués Darío Silvera (La Vieja Escuela) anye o marinense Aarón Caldas (Mat's).
Xa no enfrontamento oficial entre Galicia e Cataluña, Manuel Pérez superou a Kike García para dar o primeiro punto aos galegos, pero Cataluña igualou momentaneamente ao vencer Víctor Vega a José Martínez.
Tras un breve descanso volvería a activiadad ao ring e faríao con pleno local, empezando polo marinense Abel Ferreira (Team Thunder) ao superar a Stephen Aighewi. Pola súa banda Alberto Loureiro superou ao catalán Robert Cano, que abandonou no segundo asalto.
Por último, pechando a velada, Aarón González (Team Thunder) no seu primeiro combate na casa como campión de España e fíxoo dominando a Iván Franco para decantar o duelo ao seu favor.
O ex-campión nacional profesional de boxeo Pedro Ferradás foi o encargado de entregar a copa aos vencedores ao termo da velada.