O Club Bádminton Ravachol Pontevedra segue avanzando na composición do plantel coa que debutará a próxima tempada na máxima categoría nacional.
O último paso foi pechar a renovación de Noelia Gestoso, peza importante nas aliñacións dos últimos anos en Primeira Nacional, especialmente na modalidade de dobres.
RENOVACIÓN | Noelia Gestoso será la cuarta renovación del primer equipohttps://t.co/odz6IfNw4bpic.twitter.com/JsHWZslAiz
— Bádminton Pontevedra (@CB_Pontevedra) June 30, 2020
A xogadora estradense sumou 21 vitorias nos 40 partidos que xogou ata a data co Ravachol.
Esta renovación súmase ás de Manuel Brea, Ana Carbón e Alejandro Nogueira, xa anunciadas.
Ademais o club conta con sumar a esta lista nos próximos días o nome de Raquel Miguens. Así, unha vez asegurada a columna vertebral do equipo, espera pechar algunha incorporación que achegue o salto de calidade necesario para competir na elite.