Nicolás Casas conquista o bronce no Campionato de Europa de Clubs

Pontevedra
13 de abril 2025

O taekwondista pontevedrés sobrepúxose á lesión no ollo que sufriu no primeiro combate fronte ao rival grego para subir ao podio e sumar un novo éxito ao seu palmarés

Nico Casas, no Campionato de Europa de Clubes
Nico Casas, no Campionato de Europa de Clubes / Mace-Sport

O deportista pontevedrés Nicolás Casas, do club Mace Sport, segue aumentando o seu palmarés coa medalla de bronce conseguida no Campionato de Europa de Clubs, celebrado en Tallin (Estonia).

Pero o arranque do torneo non foi tarefa sinxela para o mozo taekwondista, quen perdeu o seu primeiro asalto e sufriu unha lesión no ollo a mans do seu rival grego, quen finalmente foi descualificado.

A pesar diso, Casas demostrou a súa fortaleza e capacidade de superación, chegando a vencer o seu seguinte opoñente, de Turquía, en dous asaltos de alto nivel.

Xa no terceiro combate, contra outro rival grego, o pontevedrés gañou o primeiro asalto, pero perdeu os dous seguintes.

A pesar dos problemas iniciais, Casas soubo sobreporse e subir ao podio para pechar a súa participación no campionato cunha valiosa medalla de bronce.

Esta resultado marca o final do seu primeiro torneo internacional da tempada, e o deportista xa se prepara para os seus próximos desafíos: o Open de España na Nucía e a President Cup en Bulgaria.

Este logro súmase á súa impresionante traxectoria, que inclúe os títulos de campión galego e de España en 2025.