Ata a próxima semana non se coñecerá o nome do próximo adestrador do Pontevedra Club de Fútbol se se cumpren os prazos marcados pola dirección do club granate.
O director deportivo, Milo Abelleira, ten de marxe ata o luns para propoñer unha terna de candidatos ao Consello de Administración, que discutirá na reunión prevista para o próximo martes cal é a mellor opción para ocupar o banco de Pasarón ata final de tempada.
Ata ese momento será Manu Fernández o encargado de dirixir os adestramentos da semana, aos que se incluíu unha nova sesión programada para a mañá do sábado.
Antes do primeiro adestramento de Fernández, o técnico saínte, o valenciano Nando, acudiu a Príncipe Felipe a despedirse do plantel, co que se reuniu por espazo de 15 minutos.
Xa sobre o terreo de xogo e tras o adeus de Nando, Manu Fernández empezou a incidir nos aspectos que desexa corrixir para o encontro do domingo ante As Pontes.
O ata hora segundo adestrador asegura ver os futbolistas "muy comprometidos", aínda que "no puede ser que haya jugadores estén rindiendo al nivel que lo están haciendo. Tienen mucho más de lo que han sacado por ahora".
Fernández non augura grandes revolucións, pero si pequenos cambios, principalmente no plantexamento, ao necesitar segundo a súa visión "estar un poquito más juntos, que el equipo no se parta tanto. Por ahí va a ir la idea de juego".
O técnico vai máis alá defendendo que o Pontevedra "lo que tiene que ser es protagonista porque tiene juegadores para serlo. Tiene que tener el balón más de lo que lo tenía. El equipo no puede jugar de tú a tú contra el Laracha, con todos mis respetos para el Laracha, tiene que ser superior y punto".
O PLANTEL DÁ A SÿA VERSIÿN DO SUCEDIDO
Tras a sesión de adestramento o capitán granate, Caco, quixo explicar o sucedido nas útlimas horas, ademais de asegurar que "agora só queda traballar para sacar isto adiante".
Caco defende que "non houbo ningún problema entre os xogadores e o adestrador" e que lles sorprendeu a dimisión de Nando: "nós o luns o que pediamos máis que nada era un cambio á hora de adestrar, non creíamos no sistema de traballo que levábamos ata agora e pediamoslle un cambio, pero máis que nada para tratar de sumar e mellorar algo".
BENJA RETÍRASE DO ADESTRAMENTO
A primeira sesión con Manu Fernández ao mando rematou con varios contratempos, o máis grave os problemas musculares de Benja na súa perna esquerda.
O dianteiro retirouse do campo antes de tempo con molestias na mesma zona que a lesión muscular sufrida ante o Grixoa. A falta de coñecer o alcance da doenza, a primeira valoración sobre o terreo de xogo indica unha posible distensión na parte posterior da perna.
Javi Otero tamén finalizou o adestramento con problemas musculares mentres Caco se exercitou á marxe recuperándose da súa lesión.