Os clubs náuticos de Combarro, Aguete, Portonovo, Sanxenxo, Beluso e a Escola Naval de Marín acollerán a primeira edición da Regata Interclubs da Ría de Pontevedra, Gran Premio Deputación.
O evento foi presentado este xoves no Pazo Provincial con representantes dos seis clubs promotores e firmas colaboradoras.
Trátase dunha cita deportiva dividida en seis xornadas, todas elas en sábado, dirixida a cruceiros de competición, barcos clásicos, veteranos e Mini-23.
As regatas, con percorridos costeiros, deixarán tempo aos participantes para realizar outras actividades co obxectivo de gozar das distintas paraxes e portos da ría.
As datas das etapas son:
- 24 de enero: RO Yachts Club Combarro
- 7 de febrero: RCM Aguete
- 21 de febrero: CN Portonovo
- 7 de marzo: CNR da Escola Naval Militar
- 11 de abril: RCN Sanxenxo
- 18 de abril: CN Beluso
Se se completan as seis etapas, os barcos poderán descartar un dos seus resultados de cara á clasificación final. A previsión é que se chegue á trintena de embarcacións participantes.