A gran cita deportiva de 2025 en Pontevedra empeza a quentar motores.
O Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte, que por segunda vez se clebrará na Boa Vila, abrirá as súas incripciones o vindeiro luns 3 de febreiro iniciando a conta atrás cara ao gran evento deportivo.
Cabe lembrar que en Pontevedra terán lugar os mundiais de até seis modalidades deportivas (dúatlon, acuatlón, aquabike, tríatlon de longa distancia, tríatlon cros e dúatlon cros).
Todo nun apertado calendario que se desenvolverá entre o 21 e o 29 de xuño, e coa previsión de poder contar en total con máis de 4.000 deportistas.
En concreto será o Campionato do Mundo de Dúatlon o primeiro en celebrarse (sábado 21 e domingo 22 de xuño), seguido do tríatlon cros (martes 24), dúatlon cros (xoves 26), acuatlón (venres 27), tríatlon de longa distancia (domingo 29) e aquabike (29 de xuño).
O período de incripción permanecerá aberto até o venres 9 de maio ás 14.00 horas.
Todas as competicións terá lugar na cidade de Pontevedra, na contorna do CGTD e o río Lérez, fóra das probas de cros, tanto tríatlon como dúatlon, que se trasladarán á zona do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido.
A intención da organización é que, do mesmo xeito que no ano 2019, ás actividades deportivas se lle sume unha programación lúdica paralela durante toda a semana para converter a Boa Vila nunha auténtica festa.