"Mucha ilusión y muchas ganas" no Froiz para afrontar a Copa de España de ciclocrós

Pontevedra
08 de outubro 2021

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz presentou este venres na Illa das Esculturas ao seu equipo de ciclocrós, que disputará esta fin de semana a primeira proba puntuable da tempada, a Copa de España, unha cita ademais de categoría internacional C1

Presentación do equipo de ciclocrós do Supermercados Froiz
Presentación do equipo de ciclocrós do Supermercados Froiz / Mónica Patxot

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz presentou este venres na Illa das Esculturas ao seu equipo de ciclocrós, que disputará esta fin de semana a primeira proba puntuable da tempada na Copa de España, unha cita ademais de categoría internacional C1.

Nela estará "lo mejorcito de Europa", destacou a directora do equipo alimenticio desta modalidade deportiva, Ana Portela, que explicou que o equipo afronta a cita "con mucha ilusión y muchas ganas".

Unha ilusión e unhas ganas que aumentan ao competir en Pontevedra xa que "es la primera prueba y además es en casa", indicou Portela moi contenta con este novo proxecto que volve ás orixes do Froiz.

Para a cita contará con Laura Mira, campioa galega e de España e segunda do ranking nacional; Uxía Soto, tamén medallista autonómica e nacional; e Rosalía Ortiz no conxunto feminino e Fabián Rodríguez, Miguel Rodríguez e Gonzalo Inguanzo no masculino.