Novos movementos no plantel do primeiro equipo do Pontevedra. Este mércores o club fixo oficial a rescisión do contrato do central Luís Martínez e a contratación do defensor Javier Hermelo.
Procedente do CD Tereuel, co que ascendeu este ano a Primeira Federación; Hermelo fircha por unha tempada e ocupará unha ficha sub 23.
Natural de Cangas, a nova fichaxe desenvólvese nas posicións de lateral e central esquerdo. Nas dúas últimas campañas formou parte do conxunto aragonés, ás ordes do exgranate Víctor Bravo.
Na primeira campaña chegou como cedido por parte do Real Mallorca, que o recrutou a principio da tempada recentemente finalizada para, no mercado invernal, deixalo regresar novamente ao Teruel. Despois de non ter o protagonismo esperado no filial balear de Segunda Federación, en Teruel volveu facerse cun posto no once ao disputar un total de dez partidos, sete deles como titular. Aínda que uns problemas físicos no tramo final da tempada fíxolle perderse seis partidos.
Javier Hermelo, de 22 anos, foi formado na canteira do Celta. Ao finalizar o seu primeiro ano como xuvenil, recalou no equipo do seu pobo no Alondras co que debutou en Terceira División ás ordes do exgranate Antonio Fernández con só 17 anos.
O seu potencial captou a atención do Mallorca, que o fichou para a súa canteira. Con todo, nunca tivo continuidade no cadro balear e encadeou dúas cesións, primeiro ao Santa Catalina e logo ao Teruel, no que volveu destacar.
Desembarca en Pasarón co título de campión do grupo terceiro de Segunda Federación debaixo do brazo e co obxectivo de conseguir outro salto de categoría, esta vez como granate.
A chegada de Javier Hermelo vén emparellada coa saída de Luís Martínez. O central rioxano, que o ano pasado apenas tivo continuidade no once do Pontevedra, aínda tiña un ano máis de contrato coa entidade de Pasarón, pero ambas as partes chegaron a un acordo para rescindir a vinculación.
O central compartiu nas súas redes sociais unha emotiva mensaxe de despedida con mención especial á afección granate.
Gracias , gracias y gracias Pontevedra.
— Luis Martinez (@luis_martinez5) July 12, 2023
Hoy me despido de vosotros. Ha sido un placer compartir este año en el magico Pasarón.
Gracias a los compañeros, cuerpo técnico y sobre todo afición, sois increíbles.
Aquí tenéis un aficionado más para siempre. @PontevedraCFSADpic.twitter.com/cmxemyVNl3
Con estes movementos, o persoal do Pontevedra queda composta polos sénior Edu Sousa, Ángel Bastos, Mario Gómez, Churre, Eneko Zabaleta, Toño Calvo, Yelko Pino, Borja Domínguez, Álex González, Chiqui, Charli López, Oier Calvillo e Rufo. As prazas sub 23 corresponden a Manu Vizoso e Javier Hermelo. Aínda está por aclarar que papel terán Víctor Casais e Libasse Gueye. Mentres que Valentín Jaichenco continuará en dinámica do primeiro equipo, pero con ficha do filial.