Montse Tomé agradece "a Pontevedra e a toda Galicia o agarimo. É moi especial para as xogadoras"

Pontevedra
30 de novembro 2023

A seleccionadora nacional mostrouse este xoves desde Cambados feliz polo cálido recibimento dado ao combinado nacional. "Por mor do éxito no Mundial vemos que a xente está cada vez máis envorcada coa Selección, con estas xogadoras, e a verdade é que chegar ao estadio, chegar ao hotel e ver que hai tanta expectación o agarimo ao final chega", asegura

Montse Tomé, no adestramento da Selección Españoña en Burgáns
Montse Tomé, no adestramento da Selección Españoña en Burgáns / Mónica Patxot

Público á súa chegada ao aeroporto de Peinador, fronte ao hotel de concentración de Sanxenxo e tamén na entrada do campo de Burgáns, en Cambados, onde tivéronse que trasladar os adestramentos previos ao partido entre España e Italia da UEFA Women's Nations League.

Un calusoro recibimento que non deixou indiferente á Selección Española de Fútbol. Así o recoñeceu a adestradora das campioas do Mundo, Montse Tomé, na rolda de prensa oficial.

"Agradecer a Pontevedra, agradecer a toda Galicia o agarimo", sinalou a seleccionadora recoñecendo que "por mor do éxito no Mundial vemos que a xente está cada vez máis envorcada coa Selección, con estas xogadoras, e a verdade é que chegar ao estadio, chegar ao hotel e ver que hai tanta expectación o agarimo ao final chega e é moi especial para as xogadoras".

En canto ao encontro que se xogará no Estadio Municipal de Pasarón "é un partido de máximo nivel, afrontámolo coa máxima ilusión", asegura Tomé, que espera a un rival que "é unha selección forte, é un bo rival", lembrando que "cando xogamos contra elas plantounos un bloque baixo 5-4-1 moi defensivo, é certo que metemos o gol no minuto 90 pero tivemos ocasións para poder metelo antes", aínda que "pode presentar outras alternativas, porque en Suecia e outros partidos a estrutura foi máis aberta".

Montse Tomé referiuse tamén á declaración ante a Audiencia Nacional que a futbolista Laia Codina debe prestar de maneira telemática e desde Pontevedra polo 'caso Rubiales'. Será este venres, horas antes do partido. "Non é o escenario idóneo pero ela está tranquila. É a súa obrigación estar. Nós o que temos é que axudala", limitouse a explicar a seleccionadora.