A IV Xornada Multideportiva Adaptada organizada pola Asociación Amizade converteu este venres a Avenida Montero Ríos nunha pista deportiva en favor da inclusión.
Nela ofrecíase a posibilidade de probar unha selección de deportes adaptados e coñecer os materiais que se utilizan, para sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade.
Así, instaláronse zonas de baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia ou slálom, entre outros.
A xornada foi dobre. Pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, participaron nela ao redor de 130 escolares de centros educativos da cidade, mentres que pola tarde ofrecíase a posibilidade de participar a todas as persoas interesadas.
Ademais a xornada xestionada coa axuda da Fundación También contou coa participación dalgunhas persoas asociadas a Cogami.