A organización durante os últimos anos de multitude de probas de orientación deportiva, incluídos campionatos de España, Ibéricos ou Galegos fixo aumentar aos poucos o número de seguidores desta disciplina deportiva na cidade, nas súas diferentes modalidades.
En todo iso tivo un papel fundamental o Club Montañeiros A Roelo, que se marcou como un dos grandes obxectivos o ano seguir aumentando a súa estrutura desde a base.
O club pontevedrés pretende crear unha escola municipal de orientación deportiva, que comezará realizando xornadas de adestramento e convivencia entre os seus socios.
O plan de promoción desta disciplina deportiva complementarase con promoción nos centros escolares da provincia e organización de probas como o Campionato Local e tamén o Provincial Escolar.
A posta en marcha da escola deportiva é un dos principais obxectivos de A Roelo, pero non o único, xa que a intención é seguir organizando eventos de nivel na comarca, empezando por unha proba da Liga Española de Orientación en bicicleta de Montaña que terá lugar en Pontevedra os días 11 e 12 de marzo.
Será o primeiro paso dun plan a medio prazo no que o club pontevedrés previsto solicitar o Campionato de España da mesma disciplina, orientación en bicileta de monataña, para o ano 2018.
DESPRAZAMENTO A LEÓN
A primeira expedición do ano para o Club Aromon Montañeiros A Roelo está prevista para a última fin de semana do mes de xaneiro, cun desprazamento aos montes de León para ascender o Pico Yordas e o Pico do Lago.
Será o punto de partida dun ano de montaña no que o obxectivo estrela que se plantexan é a ascensión ao monte máis alto de Marrocos, o Toubkal (4.167 metros).