Momento clave da tempada para as aspiracións de ascenso do Peixe Galego

Marín
03 de abril 2025
Actualizado: 13:37

O club marinense xoga a segunda praza, e con iso a súa presenza na fase de ascenso, na súa visita ao Perfumerías Avenida salmantino

Plantel do Marín Peixe Galego 24/25
Plantel do Marín Peixe Galego 24/25 / CB Marín Peixe Galego

O Marín Peixe Galego chega ao momento clave da tempada na Terceira FEB.

O equipo adestrado por Javi Llorente porá en xogo as súas aspiracións de ascenso nas tres últimas xornadas do campionato, empezando por un desprazamento que pode ser decisivo.

Segundo na clasificación con 18 vitorias e 5 derrotas, e por tanto ocupando a última praza que dá acceso á fase de ascenso, o Peixe debe visitar este sábado 5 de abril o Perfumerías Avenida salmatino (19.00 horas), rival que lle segue na clasificación a só un triunfo de distancia.

Un partido que pode definir toda unha tempada.

En caso de gañar os marinenses terían pé e medio na fase de ascenso a Sefunda FEB, pero se son os salmantinos quenes se impoñen empatarían a vitorias e sería o average o que decidiría quen ocupa esa posición privilexiada.

Chegados a ese punto o Peixe Galego pode permitirse caer por até 4 puntos mantendo o segundo posto.

Toda unha proba esixente para o conxunto 'peixe'.