Mirando o termómetro para o partido no Villamarín: "Los 34 o 35 grados que haya serán para los dos equipos"

Pontevedra
22 de maio 2024

"Iremos a ganar", asegura Samu Mayo ante o choque de ida da eliminatoria final polo ascenso fronte ao Betis Deportivo. Para o centrocampista do Pontevedra a calor que se espera para o choque do próximo domingo en Sevilla "no puede ser una excusa"

Samu Mayo, na eliminatoria do play-off de ascenso entre Pontevedra CF e Deportivo Aragón en Pasarón
Samu Mayo, na eliminatoria do play-off de ascenso entre Pontevedra CF e Deportivo Aragón en Pasarón / Cristina Saiz

"Iremos a ganar". Así de contundente e ambicioso mostrouse este mércores Samu Mayo en relación ao partido de ida da elminatoria polo ascenso que enfrontará o Betis Deportivo e o Pontevedra Club de Fútbol no Estadio Benito Villamarín (domingo 26, 17.00 horas).

Unha data e unha hora que fai mirar ao termómetro, e é que o equipo granate non está precisamente afeito ás altas temperaturas este curso e espérase en Sevilla unha máxima de 35 graos segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Con todo é algo que "es un condicionante pero no puede ser una excusa. Los 34 o 35 grados que haya serán para los dos equipos", defendeu Mayo.

Para o centrocampista o Villamarín "es un estadio increíble" para disputar o encontro, cun céspede que "será una alfombra, y seguro que irá gente desde Pontevedra", afirma Samu sobre unha afección que "es impresionante los desplazamientos que han hecho esta temporada".

En canto ao rival "es una final y todos los equipos son difíciles", tamén un Betis Deportivo que "es un filial de Primera División, por lo que es un equipo de muchísima calidad, pero también tiene muchas piernas", sinala.

Aínda así a clave para o granate é que "tenemos que centrarnos en nuestro partido", e pensando que a volta da eliminatoria terá como escenario o Estadio Municipal de Pasarón.