Miguel Simón acepta seguir un ano máis no Cisne

Pontevedra
09 de xullo 2019

O xogador, especialista defensivo, leva máis dunha década ligado ao club pontevedrés, e convértese na 16ª peza confirmada do novo proxecto do Cisne na División de Honra Prata

Miguel Simón no partido ante o BM Santoña
Miguel Simón no partido ante o BM Santoña / Diego Torrado

Unha das poucas pezas que faltaban por encaixar no Club Cisne Balonmán confirmouse coa renovación de Miguel Simón.

O pivote era unha das dúbidas que se mantiñan na confección do plantel, pero finalmente decidiuse a continuar.

"Decidín seguir un ano máis, tentarei facer todo o posible para axudar a que o soño cisneísta siga cara a adiante", sinalou o propio xogador, especialista defensivo.

Simón acumula máis dunha década ligado ao club pontevedrés.

Coa súa renovación son 16 as pezas confirmadas para o próximo proxecto do Cisne na División de Honra Prata ás ordes de Jabato, xunto aDani López, Juan Novás, Jorge Villamarín, Andrés Sánchez, Pablo Picallo, Álvaro Preciado, José Leiras, Bruno Vázquez, Alejandro Conde, Álex Chan, Javi Vázquez, David Chapela, Dani Ramos, Iván Calvo e Pablo Gayoso.