A Real Federación Española de Taekwondo nomea ao presidente do Mace Sport, Miguel Cortegoso, director do comité de exhibición da máxima institución deste deporte en España.
Nunha carta remitida a Cortegoso, o presidente Jesús Castellanos pon en valor o traballo realizado polo club pontevedrés e pola súa canteira, polo que esperan que o dirixente do equipo lerezano acepte un cargo pensado para a xestión do regulamento e os calendarios das exhibicións de taekwondo a nivel nacional.
O comité nacional de exhibición quedaría formado tamén por Miguel Meilán, Noelia Pérez, Miguel Cuevas e Javier Sieira, que xa mantiveron unha primeira toma de contacto no último campionato de España celebrado na cidade do Lérez.