Fíxose de rogar até última hora da xornada, pero a Real Federación Española de Fútbol confirmou as datas e horarios dos partidos de segunda rolda da Copa do Rei.
Entre a nómina de partidos atópase o esperado duelo entre o Pontevedra e o Villarreal no Estadio Municipal de Pasarón.
Este partido foi fixado para o mércores 4 de decembro ás 21.00 horas.
Contará coas cámaras en directo de Movistar +.
⏰ 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢𝗦 I Este é a orde de xogo da 𝘀𝗲𝗴𝘂𝗻𝗱𝗮 𝗲𝗹𝗶𝗺𝗶𝗻𝗮𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 da #CopaDelReyMAPFRE
— RFEF (
🗓️ Os encontros celebraranse os días 3, 4 e 5 de decembro. #LaCopaMola 🏆 pic.twitter.com/vbsAWsS5zrrfef) November 27, 2024
Ademais o duelo do próximo rival dos granates en liga, o Salamanca CF UDS, fronte ao Celta de Vigo xogarase o martes día 3, tamén ás 21.00 horas.
Esta situación, ao estar inicialmente fixado para o domingo 1 ás 17.00 horas o partido ligueiro en Pasarón entre granates e charros, fai que este choque se mova tamén no calendario e se adiante ao sábado para dar máis tempo de descanso aos futbolistas de ambos os dous equipos.
Cabe lembrar ademais que no caso do Pontevedra a súa seguinte xornada de Segunda RFEF está fixada para o sábado 7 no campo do CD Laredo (18.00 horas).
No que respecta á Copa do Rei, só falta agora coñecer o prezo das entradas para este partido, que se disputará en apenas unha semana.