Xa hai data e hora para o partido de oitavos de final de Copa do Rei do Pontevedra.
Fíxose de rogar, pero a última hora do mércores, roldando as 23.00 horas da noite, a Real Federación Española de Fútbol confirmou o horario dos encontros copeiros, incluíndo o Pontevedra-Getafe que debe disputarse no Estadio Municipal de Pasarón.
Este encontro terá lugar o mércores 15 de xaneiro ás 19.30 horas.
⏰ Los octavos de la #CopaDelReyMAPFRE ya tienen 𝗛𝗢𝗥𝗔𝗥𝗜𝗢
— RFEF (@rfef) January 8, 2025
🗓️ Los duelos, a partido único, se disputarán los días 14, 15 y 16 de enero
ℹ️ https://t.co/j98avk0N7n#LaCopaMolapic.twitter.com/3PcHM4TkbD
É o día que se esperaba desde que saíu o sorteo, xa que o Getafe tiña fixados os seus partidos de liga para o dominngo 12 nas Palmas e despois o sábado 18 contra o Barcelona.
Ao ter que pasar por normativa máis 48 horas entre cada encontro o lóxico era fixar o duelo de Copa do Rei o mércores 15.
O partido será retransmitido en directo pola plataforma de Movistar +.
Será a segunda vez que Pontevedra e Getafe se crucen na Copa do Rei.
A anterior ocasión foi na campaña 2004-2005. Era a primeira tempada dos azulones como equipo da máxima categoría e o Pontevedra militaba na Segunda División. O resultado daquel partido en Pasarón foi de 1-2 na prórroga, tras finalizar os 90 minutosa regulamentarios con empate sen goles.