A Deputación de Pontevedra ten en marcha a campaña O deporte da provincia contigo na que deportistas de referencia únense nunha soa voz fronte á crise sanitaria. En dous vídeos que o goberno provincial está a difundir polas súas redes sociais e canles oficiais, os protagonistas tratan de animar aos seus veciños durante o confinamento.
Máis de trinta caras coñecidas, entre as que se atopan a piragüista Teresa Portela, o triatleta Pablo Dapena ou o porteiro de balonmán Rodrigo Corrales; participan nestas pezas e lanzan desde as súas casas mensaxes de unión, esperanza e forza para acabar de vencer ao virus desde a responsabilidade.
Todos eles coinciden ao sinalar en que o esforzo que está a facer a sociedade servirá para superar esta crise e volver con máis forza para gozar dunha vida que estes ídolos seguirán alegrando coas súas fazañas.
Máis de 30 deportistas da provincia únense fronte á crise para lanzar unha mensaxe de forza e de esperanza para a veciñanza de #PontevedraProvincia!
— Deputación Pontevedra (@depo_es) April 28, 2020
Con el anímanvos a chegar á meta e gañarlle o partido á #covid19
O #deporte da provincia contigo! pic.twitter.com/QIhr3p5y3U