A pontevedresa Melania Rodríguez fixo historia este domingo ao proclamarse campioa de Europa en dobre mini-tramp e converterse desta forma na primeira muller en gañar a medalla de ouro nos Xogos Mundiais (2022), no Campionato do Mundo (2023) e, agora, o Campionato de Europa.
A ximnasta non tivo rival desde o inicio, e é que a súa clasificación para a gran final como primeira de grupo vaticinaba o que finalmente ocorreu.
Melania subiuse ao primeiro posto do podio tras conseguir unha puntuación de 26.400, superando con creces ás portuguesas Diana Gago e Alexandra García, segunda e terceira, respectivamente. Gago logrou 25.800 puntos e García 24.400.
Esta medalla de ouro no Campionato de Europa de Guimaraes súmase ao bronce logrado pola pontevedresa este sábado en DMT por equipos xunto a Diana Sanz, Marta López e Alejandra Brana.