Por segunda vez na súa historia o Club Galaico Sincro pisou o podio nun Campionato de España de natación sincronizada, na competición de inverno alevín e infantil celebrada en Barcelona.
Fíxoo Mercedes Domínguez, nadadora aínda en idade alevín, que foi a segunda mellor da súa idade (nada no 2007) na competición de figuras celebrada durate o fin de semana na piscina de Sant Jordi.
Ademais de Mercedes Domínguez, competiron polo club pontevedrés por equipos Candea Seoane, Lara González, Alexandra Piñeiro, Paola Piñeiro, Sara Fernández e Sara Marescot na categoría alevín e Iria Costal, Inés Guijarro, Lucía Logroño, María Maquieira, Andrea Pazos, Antía Riveiro e Sara Villanueva en idade infantil, acompañadas das súas entrandoras Diana Fernández e Chus Refojo.
Este resultado supón un reforzo ao proxecto de tecnificación que impulsa desde hai uns anos o Galaico Sincro co obxectivo de elevar o nivel da natación sincronizada galega desde a base.