Gran resultado para o Mat's de Marín no Open de Polonia de taekwondo celebrado durante a pasada fin de semana.
Iván García demostrou seguir en gran forma facéndose coa medalla de ouro na categoría de +87 quilos a pesar de ter que superar a duros rivais.
Na primeira rolda Iván venceu ante o ucraíno Serhii Babenko (22-11) avanzando a unha semifinal na que foi mellor que o alemán Cem Unlusoy (20-6). Xa na pelexa polo ouro, o deportista do club marinense superou ao croata Iván Sapina (20-8) desquitándose de derrotas anteriores que sufrira contra el.
Ademais Arlet Ortiz subiu tamén ao caixón na categoría de -57 quilos, tras un torneo no que eliminou á croata Lea Spehar (24-4) e á lituana Klaudija Tvaronaviciute (11-3), pero no que cedeu en semifinais contra a estadounidense Faith Dillon (14-24), tendo que conformarse co bronce.
Uns resultados que dan confianza aos dous deportistas no seu obxectivo de seguir acumulando puntos no ranking internacional.