Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, historia viva da Liga Feminina 2

Pontevedra
10 de agosto 2016

As adestradoras do Club Baloncesto Arxil continuarán un ano máis á fronte do equipo pontevedrés converténdose no equipo técnico que máis partidos dirixiu na segunda categoría do baloncesto feminino nacional

Partido Arxil - Tenerife
Partido Arxil - Tenerife

A continuidade de Mayte Méndez e Milagros Sanmartíncomo responsables deportivas do primeiro equipo do Club Baloncesto Arxil converterá ás adestradoras pontevedresas no equipo técnico que máis partidos dirixiu na Liga Feminina 2.

Méndez contará un ano máis con Milagros Sanmartín e Marita Janeiro como axudantes nun corpo técnico que completa Ricardo Oliveira na preparación física. Ademais Carlos Díaz e María Martínez exercerán de delegados e o equipo de fisioterapeutas da entidade estará composto por David Rocha, Alberto Cortizas e Cristina Díaz-Pache, que compaxinará este labor na base coa súa función de xogadora no primeiro equipo.

Co equipo case pechado, a falta de confirmar as últimas renovacións e a fichaxe dunha pívot, xa apalabrada segundo o club, o Arxil céntrase agora en planificar unha pretempada que arrincará o día 29 de agosto coas xogadoras pontevedresas. Pola súa banda as xogadoras foráneas incorporaranse o 1 de setembro.

En canto á preparación, o club verde está pendente do calendario de competición da Copa Galicia, que se xogará previsiblemente en setembro e que condicionará a programación de amigables durante a pretempada.