Martita e Luci, do Poio Pescamar; e Ale de Paz, do Marín Futsal, convocadas pola Selección Española

Marín
14 de novembro 2022

As xogadoras concentraranse en Madrid co combinado nacional para disputar dous amigables contra Xapón os días 22 e 23 de novembro

Convocatoria da Selección Española de fútbol sala feminino
Convocatoria da Selección Española de fútbol sala feminino

A convocatoria da Selección Española de fútbol sala feminino segue tendo acento galego, concretamente de Poio e Marín. A seleccionadora Claudia Pons incluíu na súa lista ás xogadoras do Poio Pescamar, Martita e Luci, así como a Ale de Paz, do Marín Futsal.

Trátase da primeira chamada que recibe a prometedora peche do conjunto conserveiro. Tanto Luci como Ale de Paz xa saben o que é defender as cores de La Roja.

O combinado nacional ten programados dous encontros amigables ante Xapón para os días 22 e 23 de novembro en Madrid. Será a primeira concentración da selección tras lograr a clasificación para a fase final do Europeo, que se disputará o próximo mes de marzo.

As xogadoras teñen previsto concentrarse o vindeiro domingo 20 ás 13.30 horas para completar catro sesións de adestramento antes dos dous amigables, que se disputarán en Madrid nunha sede aínda por determinar.

A convocatoria completa está integrada polas porteiras Marta Balbuena (Futsi Navalcarnero), Irene Franco (Futsal Alcantarilla), as peches Noelia Montoro (STV Roldán), Mayte Mateo (STV Roldán), Martita Pardo (Poio Pescamar), as alas Ana Luján (Futsi Navalcarnero), Irene Samper (Pescados Rubén Burela), Peque (Pescados Rubén Burela), María Sanz (Futsi Navalcarnero), Luci Gómez (Poio Pescamar), Ale de Paz (Marín Futsal) e as pivots Irene Córdoba (Futsi Navalcarnero), Vanessa Sotelo (Futsi Navalcarnero) e Dani Domingos (Pescados Rubén Burela)