Martín Nistal, bronce no campionato galego sub-11 de bádminton

Pontevedra
27 de febreiro 2018

Parece que o traballo de canteira realizado polo club Bádminton Ravachol Pontevedra comeza a dar os seus froitos. O campionato galego sub-11 que se celebrou nas Neves reportou a primeira medalla para as súas categorías inferiores

Equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra no campionato galego sub-11
Equipo do Club Bádminton Ravachol Pontevedra no campionato galego sub-11 / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Parece que o traballo de canteira realizado polo club Bádminton Ravachol Pontevedra comeza a dar os seus froitos. O campionato galego sub-11 que se celebrou nas Neves reportou a primeira medalla para as súas categorías inferiores.

Foi grazas á medalla de bronce lograda por Martín Nistal, formando parella co estradense Pedro Rey.

O resto dos oito integrantes do equipo foron Lea Illán, Ainhoa Fontán, Claudia Pérez, Pablo Albores, Alejandro García e Fabián e Aldán Lema.

As novas promesas pontevedresas deron mostras de que continúan mellorando día a día, alcanzando varios deles a fase eliminatoria tras superar os seus grupos, o que demostra unha enorme proxección en só cinco meses desde que o club comezou a traballar.

A próxima cita competitiva será o máster absoluto de Medina del Campo, onde Raquel Miguens continuará sumando puntos para a clasificación de cara o Campionato de España.