Martín Diz continuará no Arosa "a pesar de ter ofertas de categoría superior"

O Salnés
14 de xuño 2024

A planificación da nova temporada do Arosa vai vento en popa e é que, día tras día, o club arlequinado anuncia novas renovacións ou baixas nas súas filas. A última é a de Martín Diz, que tras o seu regreso a pasada tempada, continuará un ano máis no club no que comezou a súa formación "a pesar de ter ofertas de categoría superior", indican desde Vilagarcía

Martín Diz, no partido entre Bergantiños e Arosa
Martín Diz, no partido entre Bergantiños e Arosa /

A planificación da nova temporada do Arosa vai vento en popa e é que, día tras día, o club arlequinado anuncia novas renovacións ou baixas nas súas filas.

A última é a de Martín Diz, que tras o seu regreso a pasada tempada, continuará un ano máis no club no que comezou a súa formación "a pesar de ter ofertas de categoría superior", indican desde Vilagarcía.

Formado na base do Arosa desde a Escola, marchou á EDA en alevíns e, posteriormente, ao Celta, onde estivo ata a sua etapa xuvenil, chegando a disputar División de Honra. A pasada tempada regresou ao club arousán procedente do Pontevedra CF.

Con Martín Diz xa son nove os futbolistas confirmados no equipo, ao sumarse a unha lista na que figuraban Iñaki, Javi Pereira, Pacheco, Noel Chaves, Antón Concheiro, Dani Sánchez, David Conde e Sergio Prieto.

Pola contra, o que non continurá vestindo a elástica arlequinada será Brais Vidal, que causa baixa "logo de non chegar a un acordo ambas as dúas partes".