Unha grave lesión de xeonllo o pasado verán, con rotura do ligamento cruzado, privouno de gozar do que fose o seu debut na Liga Asobal, pero xa recuperado tras unha longa convalecencia Marko Ojeda quere volver ser un dos talentos para seguir no Club Cisne Balonmán.
O xove lateral canario renovou a súa vinculación co club pontevedrés, e será para todos os efectos por primeira vez xogador do primeiro equipo, esta vez na División de Honra Prata.
"Quero dar as grazas a toda a directiva, á afección, adestradores e aos meus familiares que fixeron isto posible. Seguro será un gran ano", asegurou Ojeda tras confirmar o Cisne a súa renovación.
RENOVACIÓN | La isla canaria seguirá siendo referente en nuestra plantilla. Con sus más de 2 metros de altura, el lateral zurdo @Markoojeda_ se apunta otro año más al proyecto de @Jabato17pic.twitter.com/mmAXTfGWSK
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 24, 2023
Coa súa continuidade o plantel que estará dirixido por Jabato desde o banco e que aspira a pelexar polos postos de honra da categoría queda practicamente perfilado.