Marín volve ser sede do campionato de España infantil de baloncesto

Marín
01 de febreiro 2020

O mellor baloncesto base encherá a localidade pontevedresa entre os días 7 e 13 do mes de xuño coa celebración do Campionato de España de Clubs de categoría infantil feminina

Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín
Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín / Nacho Fuentes

Por terceiro ano consecutivo, Marín acollerá o Campionato de España de Clubs de categoría infantil feminina. 

O mellor baloncesto base encherá a localidade pontevedresa entre os días 7 e 13 do mes de xuño, grazas á aposta por este deporte por parte do Concello e do club local, o Peixe Galego.

Ademais de Marín, Betanzos foi a outra localidade escollida para acoller o evento. Neste caso, tanto o Concello como o Club Santo Domingo organizarán a competición masculina, estreándose como escenario para un campionato de España desta categoría.

Coa celebración desta competición, xa son sete veces consecutivas as que Galicia acolle un campionato desta categoría, apostando fírmemente polo deporte de formación.

A desta tempada 2019-2020, será a 41 edición masculina e a 36 feminina, disputándose ambas polos 32 mellores equipos de España en cada categoría, e supoñendo para as localidades organizadoras un compoñente deportivo e social de gran valor.