Marín acolle entre o 4 e o 10 de xuño o campionato de España infantil feminino de baloncesto

Marín
02 de xuño 2023

As canchas da Raña, San Narciso e Ou Sequelo serán as sedes dun campionato que consta dunha fase de grupos, da que pasarán os dous primeiros clasificados de cada unha das oito liguiñas. A final dispútase o domingo 10

Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín
Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín / Nacho Fuentes

O Concello de Marín volverá ser sede, a partir deste domingo, dun dos mellores eventos do baloncesto de formación español. Entre o 4 e o 10 de xuño dispútase na vila marinense o campionato de España feminino de categoría infantil.

"É unha oportunidade de gozar das mellores canteiras de España e de ver na pista ás estrelas do futuro. En anos anteriores xogadoras da talla de Txell Alarcón, draftedada pola WNBA esta tempada; ou Ariadna Termis, prata mundial sub 17 do 2022", destacan desde a directiva do Marín Peixe Galego.

Durante unha semana, a localidade do Morrazo acollerá aos 32 mellores equipos do país que se disputarán o título nacional nas canchas da Raña, San Narciso e O Sequelo.

Os tres primeiros días de competición servirán para resolver a fase de grupos. Os 32 conxuntos participantes están repartidas en oito grupos, dos que pasarán a oitavos de final os dous mellores. A partir do día 7, comezarán as eliminatorias a partido único. A final disputarase o domingo 10.

O sorteo da fase de grupos é o seguinte:

GRUPO A: Joventut B, Casademont Zaragoza, DKV Jerez, CB San Blas Alicante
GRUPO B: B. La Salle, Barça CBS, Movistar Estudiantes, CB Allariz
GRUPO C: Unicaja Andalucía, Clarinos Virgen del Mar, Wintym Sant Adrià, EM Piélagos
GRUPO D: SPAR Gran Canaria, Rivas Parque Sureste, Valencia BC, St. Casablanca
GRUPO E: CB Nord Aisbalear, Odilo FC Cartagena, 1º País Vasco, S. Antonio Cáceres
GRUPO F: P. Avenida, Anejas&Francés Aranda Teruel, Traumacor Culleredo, 1º CLM
GRUPO G: Patatas Hijolusa, Colegio Ecole, 2º País Vasco, Hispano Náutico
​GRUPO H: Salesianos Vigo, Ademar Artemisa, Loyola 2009, Enrique Soler