Mari Paz Vilas, gran protagonista da Gala do Fútbol Feminino Galego

O Salnés
31 de decembro 2016

A Revista do Fútbol Feminino Galego organizou este venres en Ribadumia a súa gala anual, na que a futbolista arousá do Valencia recolleu o premio a mellor xogadora galega e ao mellor gol da pasada tempada

IV Gala do Fútbol Feminino Galego en Ribadumia
IV Gala do Fútbol Feminino Galego en Ribadumia / Mónica Ferreirós / Revista do Fútbol Feminino Galego

A arousá Mari Paz Vilas foi a gran protagonista da IV Gala do Fútbol Feminino Galego celebrada este venres no auditorio de Ribadumia.

A gala, organizada pola Revista do Fútbol Feminino Galego coa colaboración de Concello de Ribadumia e Deputación de Pontevedra, reuniu a máis de 300 persoas.

Mari Paz Vilas, que milita actualmente no Valencia, recibiu de mans do alcalde, David Castro, o premio  á mellor xogadora galega, e ademais levou o recoñecemento ao mellor gol da pasada tempada, un tanto de chilena conseguido no choque que enfrontou ao seu equipo co Athletic Club.

Xunto Vilas reinou a redondelana Pauleta ao adxudicarse o premio de mellor promesa, mellor mediocentro destra do grupo I da Segunda española e mellor galega da categoría.

A relación de premios foi:

  • Mellor xogadora: Mari Paz Vilas (Valencia CF)
  • Mellor técnico: Diego Fernández (Orzán SD)
  • Mellor colexiada: Tania Fente (Delegación de Lugo)
  • Mellor equipo: El Olivo de Vigo
  • Mellor gol: Mari Paz Vilas (Valencia CF)
  • Equipos máis deportivos: CD Conxo e Orzán SD
  • Mellor promesa: Paula Domínguez 'Pauleta'
  • Premio a unha traxectoria: María Ángeles Olmo 'Geli'