Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil

Pontevedra
17 de xullo 2020

A xogadora de Burela é a quinta peza confirmada do conxunto pontevedrés para a próxima tempada, na que volverá competir na Liga Feminina 2

Renovación de Margarita Moreira no Arxil / Club Baloncesto Arxil

Pasiño a paso o Club Baloncesto Arxil vai compoñendo o plantel co que competirá a próxima tempada na Liga Feminina 2.

O conxunto pontevedrés anunciou este venres unha renovación máis, a de Margarita Moreira, xogadora que chegou ao club para alternar presenzas no filial e no primeiro equipo pero que foi sumando cada vez máis minutos en LF2.

"Espero seguir aportando mi granito de arena a este club que me ha dado mucho", recoñeceu a xogadora de Burela tras confirmase a súa continuidade no club ao que hai xa varias tempadas procedente do Ensino de Lugo.

"Sigo siendo la misma que cuando llegué hace tres temporadas pero con ambición de seguir creciendo", asegurou Moreira, que a pasada campaña en LF2  sumou de media 17,10 minutos en pista en 21 partidos, con 3 puntos e 3,6 rebotes por encontro.

Margarita convértese na quinta peza confirmada para o novo proxecto arxilista, xunto ás renovadas Forster, Natalia López e Cristina Díaz-Pache e á fichada Noelia Masiá.