Apenas un par de horas duraron nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón as entradas de venda libre enviadas polo Bergantiños ao Pontevedra Club de Fútbol para o duelo do próximo domingo 30 de marzo (17.00 horas) nas Eiroas.
A 'Marea Granate' respondeu á chamada esgotando o pack de 300 localidades que enviara o conxunto de Carballo para a venda directa por parte da entidade granate.
O Pontevedra enchera previamente dous autocares para o desprazamento organizado dos seus afeccionados, e que se suma ao organizado polo colectivo Siareirxs Granates, pero este xoves era a quenda para vender o resto de entradas.
Todos estes afeccionados pontevedreses serán situados nunha pequena bancada das Eiroas detrás dunha das portarías.
Un estadio, o do Bergantiños, que "será un mini Pasarón esta fin de semana", afirma o Pontevedra.
🚨 ESGOTADAS AS 3️⃣0️⃣0️⃣ entradas facilitadas polo
— Pontevedra CF 🦴 (BerganFC para ou partido deste domingo
As Eiroas será un mini Pasarón este fin de semana 😍♥️#NonPararAtaVoltar ♥️ pic.twitter.com/XrVvgVy9puPontevedraCFSAD) March 27, 2025
Os afeccionados que quedaron sen entrada poderán aínda adquirila nos despachos de billetes do estadio.
Neste caso, avisa o Bergantiños que ante a gran demanda e a promoción activada para os seus abonados "non podemos asegurar que non se esgoten antes do inicio debido a que o aforo se complete".
O prezo das localidades é de 15 euros para o público adulto, 10 euros para seguidores de 11 a 17 anos e 5 euros para os menores de entre 6 e 10 anos (menores de 5 anos gratis).