O Pontevedra Club de Fútbol confirmou a esperada saída do extremo dereito Marcos Barbeiro.
O xogador africano chegou fai o pasado verán procedente do equipo portugués Real SC para reforzar a banda dereita, pero unha lesión no xeonllo lastroulle a principio de curso e non foi ata a última xornada do ano ante o Fabril cando debutou co equipo de Pasarón disputando 9 minutos. Despois xogou en Villalba e en Torrelavega, ambos os partidos entrando desde o banco, e nunca chegou a cegar.
Yago Iglesias apenas contou con el ao longo da tempada e non tivo continuidade, quedando fóra da convocatoria en repetidas ocasións.