Manu Táboas despídese do Arosa despois de seis tempadas: "Sempre pensei que me retiraría neste club"

O Salnés
10 de xuño 2024

O gardameta anunciou este luns a súa marcha do club arlequinado, que doutra banda acelera no seu planficación con varias renovacións

Manu Táboas, no partido de Terceira RFEF entre Pontevedra B e Arosa
Manu Táboas, no partido de Terceira RFEF entre Pontevedra B e Arosa

O Arosa despídese do seu capitán, o gardameta Manu Táboas, despois de seis tempadas no club arlequinado.

A decisión dos da Lomba de "dar un pasiño máis e profesionalizarnos", en palabras do presidente Manolo Abalo, están detrás da non continuidade do porteiro a pesar da predisposición das partes, e é que "me encantaría poder seguir, sempre foi a miña primeiro opción, pero non podo deixar un traballo fixo por adestrar pola mañá", explicou emocionado o propio Manu Táboas nunha rolda de prensa convocada este luns en Vilagarcía.

"Quero moito a este escudo. Sempre pensei que me retiraría neste club, no que síntome como na casa. Sientía as cores e sempre dei o mellor por e para o equipo. Dóeme estar nesta situación pero éme imposible compatibilizalo", argumentou o gardameta.

Aínda así "me vou enromemente orgulloso destes seis anos, destes 162 partidos como arlquinado, de ser o porteiro con máis partidos oficiais no Arosa e de ter defendido este escudo dentro e fóra do campo sempre", afirmou o capitán arosista.

"Estamos todos tristes por non poder contar con el para esta próxima tempada", recoñeceu pola súa banda Manolo Abalo e tamén o director deportivo Dani Abalo.

Esta saída prodúcese tras anunciar o equipo da Lomba as primeiras pezas para o seu próximo proxecto, que estará dirixido no banco por Míchel Alonso. Neste aspecto os primeiros en renovar foron Antón Concheiro, Sergio Prieto no que será o seu primeiro ano sénior, Dani Sánchez e o porteiro David Conde que regresa da súa cesión no Portonovo.