A confeccion do Poio Pescamar para a próxima tempada empezou por mover ficha no banco, despedíndose do que foi o seu adestrador durante pouco máis de dous anos: Manu Cossío.
O técnico chegou ao club en marzo de 2020 e non puido debutar no momento de asinar pola cancelación da liga pola crise sanitaria, pero unha vez pasado ese tramo, o Poio viviu con el "dous anos nos que logramos superar novas barreiras no noso crecemento dentro do fútbol sala español".
Con el, o conxunto vermello rozou a gloria caendo na final da Copa da Raíña da campaña 2020/2021 e na Supercopa de España celebrada en Burela, tempada que se pechou co equipo quedando fóra da final a oito na Copa e quintas en liga a só un punto do cuarto posto.
Xa na última campaña como adestrador do Poio Pescamar, o equipo volveu quedar eliminado da Copa da Raíña nos oitavos de final e repetiu o quinto posto en liga, outra vez a un punto das cuartas. Con todo, o punto doce púxoo a consecución da terceira Copa Galicia o pasado mes de maio no pavillón da Raña contra o Ourense Envialia.
Segundo informou o club vermello, foi unha "decisión complicada" que "fai que nos custe separar os nosos camiños", e desexan a Manu Cossío "toda a sorte" nos seus futuros proxectos.
O adestrador de Primeira División, Manu Cossío, non continuará á fronte do equipo https://t.co/B9aPitZL9C
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) June 18, 2022
Decisión moi difícil pero que agardamos sexa a mellor para ambas partes. Moita sorte no futuro Manu‼️#PoioPescamarpic.twitter.com/Ka3Ws8nYpx