A resonancia magnética á que foron sometidos Róber e Álex Cobo tras as súas preocupantes lesións de xeonllo o pasado domingo en Luanco confirmaron algúns dos peores temores no Arousa.
Ambos os dpus xogadores estarán afastados un tempo dos terreos de xogo e deberán pasar polo quirófano, aínda que especialmente grave é o caso de Róber.
O atacante sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, segundo confirmou o seu club, sendo o período de baixa estimado para esta doenza de entre seis e oito meses. Todo un pau para un futbolista importante nos plans de Jorge Otero.
Menos grave, aínda que non por iso deixa de ser importante, é a lesión do Álex Cobo. Segundo explica o Arosa o gardameta sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo,sen afectación nos ligamentos. No seu caso deberá someterse a unha artroscopia que esperan desde a entidade arlequinada póidase acometer nos próximos días para acurtar no posible o seu tempo de baixa, estimada en mes e medio ou dous meses en función da súa evolución.