O Medio Maratón de Pontevedra vai camiño, un ano máis, de ser un éxito de participación. Celebrará a súa XXIX edición o domingo 20 de outubro e a case tres semanas da data ten xa garante a presenza de multitude de deportistas.
En concreto a proba deportiva organizada pola Sociedad Gimnástica excedeu xa o milleiro de rexistrados, sobre todo para a propia distancia do medio maratón (21,1 quilómetros) na que xa confirmaron a súa participación máis de 700 deportistas.
Completará a programación unha carreira de 10 quilómetros na que participará, entre outros, a olímpica Ester Navarrete, así como probas para menores de idade.
Todo iso o domingo día 20 pero antes, o venres 18 de outubro, tamén se organizará unha quedada de recoñecemento ao circuíto, de acceso libre, con saída ás 20.30 horas desde a porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O prazo para anotarse permanecerá aínda aberto, mentres haxa prazas dispoñibles, ata o día 13 de outubro (no caso das carreiras de menores ata o día 17).