Máis de 600 triatletas nacionais inscribíronse xa para o ITU Multisport Festival de Pontevedra

Pontevedra
12 de febreiro 2019

A falta de mes e medio para o peche de prazo de inscrición nos grupos de idade, apúntase xa a unha alta participación nos diferentes campionatos do Mundo de tríatlon que se disputarán en Pontevedra entre o 27 de abril e o 4 de maio

Competición dos Grupos de Idade no Mundial de Dúatlon de Pontevedra 2014
Competición dos Grupos de Idade no Mundial de Dúatlon de Pontevedra 2014 / Diego Torrado

Cada vez queda menos para que Pontevedra goce do maior evento deportivo de cuantos organizou na súa historia, cun ITU Multisport Festival que apunta xa a unha alta participación.

Segundo confirmou a Federación Española de Tríatlon, a falta de mes e medio para o peche das inscricións foron xa máis de 600 os deportistas nacionais que confirmaron a súa presenza nalgún dos campionatos do Mundo que se celebrarán na cidade entre o 27 de abril e o 4 de maio.

Refírense estes datos á competición nos grupos de idade, ao que hai que sumar o equipo elite cuxa preselección foi revelada recentemente e no que figuran nomes como Javi Gómez Noya, Pablo Dapena ou Saleta Castro.

O prazo de inscrición nos grupos de idade manterase aberto aínda ata o próximo 31 de marzo, con descontos dos 30% activos ata que conclúa febreiro.

As cifras iso si reforzas as previsións da organización, que estima que se acheguen a Pontevedra ao redor de 4.000 deportistas ao longo dos 8 días de competición.

O 27 e 28 de maio abrirá o programa de probas o Dúatlon, para seguir o 30 de abril cos mundiais de Tríatlon Cros, o 2 de maio co Acuatlón e o día 4 de maio coa o Aquabike e o prato forte, o Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia.