Máis de 200 padexeiros inscritos na proba cambadesa da Liga Galega de Kaiak de Mar

O Salnés
20 de marzo 2014

A proba, organizada polo Club Piragüismo Cambados, disputarase o próximo domingo 23 de marzo dende as 11:30 horas da mañá

Prueba da Liga Galega de Kaiak de Mar
Prueba da Liga Galega de Kaiak de Mar / Federación Galega Piragüismo

Cambados acollerá este domingo, día 23 de marzo, a segunda regata da Copa Sipre, dentro da Liga Galega de Kaiak de Mar da Federación Galega de Piragüismo.

Á proba, organizada polo Club Piragüismo Cambados, anotáronse 235 padexeiros para a proba elite, cun percorrido de 12 quilómetros.

A saída está fixada para as 11:30 horas da mañá, ao que hai que sumar unha proba popular de cinco quilómetros que arrancará unha hora máis tarde.