Máis de 1.000 escolares toman a rúa no torneo 3x3 de baloncesto organizado polo Arxil

Pontevedra
05 de maio 2014

Once colexios de Pontevedra participaron este luns na décimo terceira edición do evento, celebrada na Avenida Monteiro Ríos

Décimo terceira edición do 3x3 na rúa organizado polo Arxil
Décimo terceira edición do 3x3 na rúa organizado polo Arxil /

Once colexios de Pontevedra participaron este luns na décimo terceira edición do torneo 3x3 de baloncesto na rúa organizado polo Arxil.

A Avenida Monteiro Ríos foi escenario das actividades, que contaron coa presenza do ex-xogador internacional Fernando Romay, padriño do Road Show da Federación Española de Baloncesto que estivo na cidade dende o pasado sábado promovendo o próximo campionato do Mundo.

En total foron máis de 1.000 os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria os que participou no torneo durante toda a mañá.