As pistas do CGTD convertéronse este domingo en epicentro de solidariedade e deporte coa celebración da undécima edición da Milla 'Móvete pola Diabetes'.
A proba deportiva está organizada pola Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (Anedia), en colaboración co Atletismo Rías Baixas.
A intención da organización é visibilizar as dificultades e necesidades das persoas que conviven con esta enfermidade.
A xornada comezou ás 10:30 horas coas millas populares para dar paso ás 11:30 horas á modalidade federada.
A continuación foi a quenda da carreira de 500 metros das categorías sub-10,sub-12 e popular.
Finalmente, a edición deste ano pechábase coas probas dos deportistas de entre 14 e 16 anos.
Nela participaron preto de 500 persoas de todas as idades.
A cita volveu ser escenario do apoio colectivo a esta causa, que busca concienciar sobre a importancia de facer deporte e de levar unha vida activa para previr e controlar a diabetes, sobre todo en idades temperás.