O Club In Mare, en colaboración do Concello e a Federación Galega de Ximnasia, converteu o mes de maio en Marín no mes da ximnasia.
Ata catro eventos encadeados reunirán ao redor de 1.800 ximnastas de diferentes idades.
As primeiras citas xa se celebraron no pavillón da Raña, cunha gran afluencia de deportistas e de público. Foron o pasado día 4 o XI Torneo Club In Mare e os X Intercentros Club In Mare, con presenza de clubs como o Pontus Véteris, Salnés, Treboada, Biqueira, Escola Rosalía, As Estelas, As Triscas, Vila de Pontevedra, Porriño, Vilarousa, Arnelas, Kendra, Viravolta Santiago, Saraiba de Poio, Gran Jete e Xiada.
Agora o próximo 12 de maio toma a testemuña a II Fase da liga Provincial Escolar, Promoción e Prebase.
Pola súa banda pechará o círculo o 18 de maio o 6º Torneo Interescuelas organizado polo Club Marusia de Ourense.