Lydia Pérez inicia en Niza un ano repleto de campionatos coa vista posta en París 2024

Pontevedra
20 de xaneiro 2023

A loitadora pontevedresa foi convocada pola selección nacional absoluta, xunto coa súa compañeira do CGTD Nerea Pampín, para participar no prestixioso Torneo Internacional Henri Deglane

As loitadoras do CGTD Nerea Pampín e Lydia Pérez
As loitadoras do CGTD Nerea Pampín e Lydia Pérez /

As loitadoras galegas Lydia Pérez e Nerea Pampín foron convocadas pola selección nacional absoluta para participar no Torneo Internacional Henri Deglane que se celebrará na cidade francesa de Niza entre o 20 e o 22 de xaneiro.

Trátase dun dos torneos internacionais máis concorridos do calendario internacional, no que as deportistas do CGTD tratarán de chegar o máis lonxe posible nas categorías de -62 kg e -65 kg respectivamente.

Ao finalizar a súa participación, ambas as loitadoras regresarán a casa para disputar a terceira edición da Copa de Galicia de Loitas Olímpicas prevista para o 28 de xaneiro en Pontevedra. Logo poñerán rumbo a Suecia para competir no International Lady Open entre o 17 e o 24 de febreiro.

Despois deste maratón competitivo, Pérez e Pampín participarán nunha concentración internacional no mesmo país nórdico.

Ambas teñen como obxectivo para este ano 2023 realizar un papel destacado no campionato do mundo de Belgrado do mes de setembro, que será o primeiro evento mundial clasificatorio para os Xogos Olímpicos de París 2024.

O calendario de Lydia Pérez para este curso é moito máis denso do habitual. E o obxectivo é claro. "Buscar algo distinto, para que o resultado final sexa diferente ao que estamos afeitos", afirman os seus técnicos do CGTD, Marcos Miragaya e Rubén Méndez.