A Xunta de Galicia deu a coñecer este xoves o nome das 99 persoas físicas ou xurídicas que serán recoñecidas este ano coa distinción ao mérito deportivo de Galicia.
Entre elas atópase a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo, pero tamén se recoñecerá por exemplo a título póstumo ao adestrador de ximnasia pontevedrés Pablo Hinojar.
Trátase, explica o goberno galego, dunha distinción que trata de "recoñecer o labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na comunidade".
Murillo non é a única dirixente na lista de persoas que serán distinguidas, xa que nas premiados da provincia de Pontevedra figura tamén a presidenta do Real Club Celta, Marían Mouriño.
A lista completa de recoñecidos coa distinción ao mérito deportivo de Galicia na provincia de Pontevedra é: Pablo Hinójar Rey (título póstumo), Manuel Palmás Pérez (título póstumo), Juan Rodríguez Pérez (título póstumo), Christine Giraud Gignoux (título póstumo), Francisco Martínez Martínez (título póstumo), Áurea ‘Aurita’ Rodríguez Barros (título póstumo), Marina de Sáa González, Rosa Costas Barreiro, Rafael Carlos Sáez Aboal, José Antonio Ramos Besteiro, Víctor Manuel Lorenzo Lomba, Amalio Cortizo Pereiro, Xisela Aranda Núñez, Jesús ‘Suso’ Soliño García, Manuel Piñeiro Varela, Sara Gómez Ferreiros, José Antonio Gorgoso, José Manuel Ferreira Sanmiguel, Carmela Torres Castiñeira, Telmo Silva Alonso, Elena Fernández Rodríguez, Julio Ventín Rivas, Marta Felpeto Lamas, Guadalupe Murillo Solís, María de los Ángeles ‘Marián’ Mouriño Terrazo, Vanessa Veiga Comesaña, Sonia Molanes Costa, Joaquina Costa Iglesias, Susana Garabatos Rodríguez, Alba Caride Costas, xeración 70-80 do Celta Baloncesto e o Club Deportivo Valladares.
Ademais pola provincia de Ourense será recoñecida unha deportista moi vinculada á Boa Vila como a regatista Támara Echegoyen, recentemente retirada da vela olímpica.
As distincións ao mérito deportivo de Galicia serán entregadas o vindeiro mércores 26 de marzo nun acto que se celebrará no Teatro Principal de Ourense.
Antes, o día 24 de marzo, está prevista a publicación da relación completa de premiados no Diario Oficial de Galicia.