José Luís Míguez 'Luisito' presentou este domingo a súa dimisión como adestrador do Pontevedra Club de Fútbol tras a derrota encaixada polo equipo granate nos últimos minutos ante o Talavera.
O técnico fixo pública a súa decisión na sala de prensa do estadio do Prado, tras comunicarlla antes a xogadores e á presidenta do club, Lupe Murillo, presente no encontro, e despois de sinalarse como "único responsable" do mal momento que atravesa o equipo.
Preguntada respecto diso, Lupe Murillo asegurou que "el partido no me ha disgutado", aínda que recoñece que "estamos teniendo un problema de concentración en los últimos minutos del partido, pero esto no creo que sea un problema de Luisito, es un problema que va más allá", sinalou tras o choque.
A presidenta convocou un Consello de Administración urxente que se celebrará ás 22:00 horas deste domingo, á volta da expedición granate, para analizar a situación.