O Poio Pescamar conta as horas para vivir a última xornada de liga e apurar as súas opcións de clasificarse para o play-off polo título de liga na Primeira División, para o que necesita vencer no seu partido en Móstoles e que non o faga o Melilla.
Nesa final non estará Luísa Mayara, que esta semana se someteu a unha leve intervención cirúrxica para solucionar as molestias que arrastra no seu xeonllo desde o partido que enfrontou ás vermellas co Universidad de Alicante a principios do mes de abril.
Moito ánimo e forza para @luisamayarasb, quen finalmente pasou polo quirófano para tratar a lesión no xeonllo esquerdo
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) June 8, 2022
Agora, toca recuperarse pouco a pouco para voltar ós pavillóns #PoioPescamarpic.twitter.com/TOGILSEPYx
Trátase en todo caso dunha lesión que lle estivo molestando desde entón, sen chegar a recuperarse, polo que finalmente decidiu operarse para solucionar o problema definitivamente.
Unha vez tratada, supoñerá un período de convalecencia mínimo, de ao redor de 10 días, polo que a futbolista brasileira aspira a poder disputar a final a catro polo título no caso de que o seu equipo logre asaltar a cuarta posición na última xornada da tempada regular.
A ausencia de Mayara será a única baixa prevista do Poio para ese importante encontro.