Luis Montes: "La práctica totalidad de los clubes tenemos contratos hasta el 31 de mayo"

Pontevedra
18 de marzo 2020

Á espera das decisións que deben de adoptar os organismos federativos, o técnico pontevedrés do Teucro ve difícil que a tempada poida concluír na División de Honra Prata tal e como estaba planificada

Luis Montes, no partido entre Teucro e Villa de Aranda no Pavillón Municipal
Luis Montes, no partido entre Teucro e Villa de Aranda no Pavillón Municipal / Diego Torrado

Cando e como se retomará a competición na División de Honra Prata e en xeral en todo o balonmán nacional é a pregunta que se fan clubs e afeccionados. Con todo o tempo xoga en contra.

O adestrador da Sociedad Deportiva Teucro, Luís Montes, é unha das voces que ve difícil saída á suspensión da competición se esta se alonga moitas semanas máis, aínda que sendo esta unha cuestión secundaria en plena alerta sanitaria.

"Los que tienen que tomar decisiones tienen ahora mismo un papelón importante, no va a ser fácil", asegura o pontevedrés tendo en mente unha data clave no seu deporte, o día 31 maio.

Todo o que sexa exceder esta barreira "lo veo realmente complicado", prognostica, xa que supoñerá un problema contractual con xogadores e adestradores, e é que ao contrario que por exemplo no fútbol onde as relacións expiran habitualmente ao 30 de xuño aquí os compromisos adoitan extinguirse a finais do quinto mes do ano.

"Parece complicado mantener la competición en balonmano hasta junio porque la práctica totalidad de los clubes tenemos contratos hasta el 31 de mayo, nosotros todos los miembros de la plantilla y cuerpo técnico acabamos contrato. No tendríamos certeza nosotros ni ningún equipo de tener jugadores para afrontar un hipotético mes de junio", revela o técnico do vicedecano do balonmán nacional.

Montes vive con incerteza sobre o que pode pasar unha vez pase a alerta sanitaria do coronavirus, pero confinado na casa segue pensando en balonmán, falando frecuentemente cos xogadores e analizando en que poden mellorar os seus se a normalidade restablécese. O que si ten claro é que, tras os últimos puntos que permitiron ao equipo azul saír dos postos de descenso directo, polo menos no Teucro agardan "con un poco más de calma lo que se pueda producir".