A falta dunha semana para o inicio de liga, o Pontevedra segue dando forma ao plantel que competirá en Primeira Federación. O central Luís Martínez é a última peza en poñerse ás ordes de Antonio Fernández despois de asinar un contrato por dúas tempadas.
O defensa rioxano de 28 anos militou as dúas últimas tempadas no filial do Real Betis, co que descendeu o ano pasado a Segunda Federación. A pesar da mala tempada, Martínez foi unha peza fundamental ao longo de todo o curso, no que disputou 29 partidos, titular en 25 deles e en case todos completou os noventa minutos de xogo.
Antes, o defensor defendera as cores de Atlético Sanluqueño, Villanovense, Écija, Areas de Getxo, Logroñés e Zaragoza B, sempre na categoría de bronce do fútbol español.
Coa chegada do zurdo Luís Martínez, o conxunto granate reforza unha das demarcacións máis debilitadas do seu actual plantel. Churre e Soto eran as únicas pezas confirmadas para o centro da defensa. Tendo en conta que Derik, que foi sumando minutos nos amigables, continúa aínda a proba.
A través das súas redes sociais, o rioxano declarou sentirse "moi feliz de unirme a este proxecto para as próximas dúas tempadas". Así mesmo lanzou unha mensaxe para toda a afección: "A traballar moi duro para lograr os obxectivos. Vémonos no Pasaron!", rematou.
OFICIAL | Luis Martínez , nuevo defensa granate hasta 2024
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) August 22, 2022
El experimentado central riojano se incorpora desde este lunes a los entrenamientos a las órdenes de Antonio Fernández
Bienvenido @luis_martinez5#IzandoVelas#HaiQueRoelopic.twitter.com/J5P4nytUzJ